Pensaio ben antes de escoller a tua media laranxa, pois pode estar onde ti menos o esperes. Pode esta en Dublín, Barcelona, Dubai ou incluso en Mixós. Pensa ben con quen vas compartir os teus soños, ou crear un futuro, con quen falarás cando máis o necesites, quen non te deixará nunca, quen creará e responderá ós teus por qués, quen coa súa mirada sexa capaz de pintar os teus pasos, a quen non cambiarías por nada e darías todo e máis porque nunca marchara.
O teu itinerario vital.
O meu itinerario é moi grande, aínda que fácil de levar difícil de entender.
Elexinte a ti para un principio sen final, e agora todo é un collage. Elexinte para quererte, pero non soa. Para que custodiaras cada unha das miñas noites cos teus sorrisos, para deixar todo por volver a velos. Elexinte porque eras, es e serás única, entre millóns. Para min, ese foi o problema.
Segues controlando cada un dos meus pensamentos, segues custodiando cada segundo da miña vida. A túa voz, é inesquecible, e os teus pasos, os teus pasos imborrables.
O meu itinerario vital chámase... sobra nome. Pero marcou o inicio dunha nova era.
Aínda que os camiños se separaran eu nunca soltei a túa man, ti esquecícheste dela.
Marcáchesme, ti, a túa perfección e á vez os teus defectos. De por vida.
O meu itinerario vital nunca rematará, non mentras sigas viva pequena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario