28 mar 2012

Soaba tan ben nos teus beizos.



Non o aguanto máis. 
Non soporto verte sen chorar, a semana pasada gustábame mirarte. 
Cando pasas, fasme dano, e se ris máis. Quixéchesme? Demóstrao. Porque eu sigo vinvindo por e para ti. 
Non sei como dicirche o que sinto agora mesmo, nada. Non sei escribir nada. Quixéchesme? Dimo. Como non desaparaces, como permaneces, como mancas. Quixéchesme? Repítemo. Repíteme todo o que estou cansada de pensar, dóeme. 
Isto é imposible, ti es imposible. Ti, todo o que fas, e o que me fas sentir. 
Quixéchesme? Bérramo. Estás tardando, ti sigues na superficie, agora terás que buscarme no fondo. Afundín cando non me miraches, cando me deches o primeiro golpe. E sigue adiante a túa loita, eu ríndome. Segues ti no timón, segues ti navegando por cada unha das miñas bágoas, co teu sorriso. 
Cúlpasme de namorarme, e de quererte dende o primeiro momento. De correr detrás túa por non soportar nada sen ti. 
Eu pídoche que o intentes ti, aínda non é tarde. Impídesme camiñar.
Mira para atrás, esa son eu, queréndote.
Eu fun moitas veces. Ven ti agora, non dubides.

No hay comentarios:

Publicar un comentario