Como podo dicirche o que me pasa, como podo contarche que te quero, como podo facerche entender que en ningún puto momento quixen facerche dano aínda que o cheguei a conseguir. Creo que xa non podo mirarte a cara, mirar os teus ollos verdes, creo que ningún dos teus cabelos castaños poderá narrarme o odio que sintes hacia a miña face, se algún día decides perdoarme estarei aqui cos brazos abertos, porque ti para min serás sempre parte de miña vida.
Nunca imaxinei como sendo tan diferente a min poideses chegarme tan fondo, como poideches facerme sorrir durante toda unha noite, e nunca pensei que poidera chegar a ser importante para ti pero dinme conta, dinme conta cando non soportabas que non che falara, cando sempre preguntabas por min e cando che atraía o meu estado de ánimo.
Faime moita falta unha aperta túa, síntoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario