1 nov 2011
Sinte que voas, corre lonxe e escápate, marcha, desafógate. Enténdote, estás farto, farto de mentiras de historias e de contos, farto de non ter a túa vida, de depender doutros, pero non por eso negues o que sintes nin o reprimas, corre tan rápido como poidas e quebra todas as barreiras que te fartan, que te paran, que che impiden seguir. Rebenta, e logo sorrí, porque eso é o que te fai grande, persigue os teus soños, aínda que só teñas un, só tes que comerte os defectos, pensar en como es e poñelo en práctica, pasar do que che digan aínda que ás veces non poidas e correr rápido, berrar, cantar e subir o máis alto da túa conciencia, conseguir os teus propósitos só pechando os ollos e pensando que es o mellor, sae desa oscuridade, disfruta e fai disfrutar, porque nunca estarás só, os teus recordos perseguirante eternamente, mátaos, mata todo o pasado e vive dende agora e para sempre a partir da túa nova mente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario