Deixei de sentir fai tempo, o meu corpo quérese menos que de costume e a miña mente está en coma. A miña voz xa ninguén a escoita, está desgastada, cansada, igual que os meus ollos e os da xente que me mira mentras camiño. Os seus ollos, os máis bonitos, tamén se cansaron, déixaronme atrás.
As notas cantadas perderon ritmo, as miñas pernas xa non camiñan, non podo seguilo. Desconfío de min.
As miñas mans, fráxiles, non teñen pel. Cambieina fai tempo a cambio de que se cruzaran coas súas, así o perdín todo, cambiando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario